14/03/2008 08:16 As dúas primeiras mesas de traballo se desenvolveron na Universidade Autónoma e na Galería Sargadelos.
A Universidade Autónoma de Barcelona foi o primeiro lugar a onde se desprazou a delegación do Concello de Boiro que estos dias se atopa na cidade condal. En concreto a Facultat de LLetres, a través do Lectorado de Galego, foi a entidade interesada en conocer o proxecto barbanzano de apoio á creación contemporánea. A reunión introduceuna Vítor Cabral, representante da rede de colectivos galego-cataláns Rede.cat que ten como obxectivo fundacional “encaixar a nosa herencia cultural galega na sociedade na que vivimos que é a catalana”. Neste senso se falou tamén da importancia de achegar as diferentes culturas e identidades -a galega, a catalana ou calquera outra cultura do mundo- dunha forma positiva e non a través dos medos ou a desconfianza. Vitor Cabral defineu Leñaverde como unha “mostra de alto interese e moi representativa do que está producindo Galiza a nivel cultural neste momento, por varias razóns: a singularidade que o converte nun proxecto difícil de ver noutras partes dentro e fora de Galicia, a innovación e os novos formatos que permiten superar os tópicos que no exterior existen sobre o noso país e tamén o grao de integralidade e o obxectivo transformador que persegue”. Xa pola tarde na Galería Sargadelos, a reunión xirou en torno á imaxe de pobo, de comarca e de país que se traslada ao exterior a través de proxectos como Leñaverde. “Sen querer nen poder compararnos co icono universal da cultura galega que representa Sargadelos, si queremos parecernos a él en canto pretendemos partir da raíz identitaria galega para construir imaxes e formas novas que nos fagan evolucionar e nos representen no mundo” foron as verbas dos representantes do Concello de Boiro que onte falaron en Barcelona, onde tamén se referirion “ao fomento da creatividade e a imaxinación como instrumentos de futuro para unha sociedade máis viva, máis próspera e máis libre”.
Concreción das colaboracións En canto aos retos de futuro xurdidos de ambas reunións. O lectorado de galego da universidade autónoma a través de Sonia Varela e Paulo Vidal, postulouse como contacto permanente para facer chegar aos xoves cataláns estudantes de lingua e cultura galegas as iniciativas que o Concello de Boiro siga desenvolvendo a través das súas concellerías de Cultura e Mocidade, “convertindo desta maneira en referente para o noso alumnado en Cataluña o que se fai en Boiro e na Barbanza”. Un compromiso parecido se consigueu ca responsable da Galería Sargadelos, que ademais propuxo como actividade concreta no próximo ano montar unha exposicións dos colaboradores do proxecto nesta importante galería cultural.
Seguintes citas O xoves 13 está previsto que a delegación boirense se encontre ca directora do centro cultural “Almazén” do Raval co que xa se teñen establecido contactos na liña de propiciar intercambios artísticos, a través de propostas ou espectáculos concretos que poderían viaxar a Barbanza dende Barcelona e na dirección inversa. Xa pola tarde se manterá unha reunión ca directiva do Centro Galego para preparar a degustación de mexilón do sábado 15 e tamén para falar de futuras colaboracións, neste caso centradas na cultura tradicional galega. O venres 14 está previsto visitar “Hangar”, un exemplo de fábrica rehabilitada como factoría cultural que está a propiciar a transformación integral dun barrio degradado de Barcelona. Pola tarde a delegación boirense visitará o Ateneu Popular de Nou Barris para concretar a delegación catalana que participará na Mostra das Culturas dentro das festas de verán deste mesmo ano.