02/07/2008 16:30 Despois dun mes traballando na inciativa "Memoria de Muller" no concello de Boiro, o sábado día 5 de Xullo as 12 horas da mañan será presentada ao público.
A iniciativa desenvolveuse ao longo do mes de xuño, nela participaron 6 mulleres maiores de 55 anos, as cales aprenderon a manexar varias ferramentas informáticas, de retoque fotográfico e montaxe de video.
As usuarias recopilaron imaxes antigas das súas familias e de Boiro, e pasaronas a formato dixital usando un escáner. Unha vez feito isto contaron unha historia que lles aconteceu ou viviron no pasado.
Con estas dúas ferramentas e usando unha música de fondo, fixeron un video, no cal se conta a historia mentres vemos pasar as imaxes.
Sábado día 5 de xullo as 12 horas presentación na Casa da Cultura Ramón Martínez López.