Boiro cidadán

Pásate ao blogue, faino en Galego

05/05/2008 17:59 Con motivo da celebración do día das letras galegas, día de internet, dia mundial das telecomunicacións e da Sociedade da Información. Dende o centro social de Boiro fomentamos o uso do galego xunto co das novas tecnoloxías complementando os dous na medida do posible

Para isto creamos unha novidosa iniciativa na que ten cabida todo tipo de usuarias e usuarios.
Independentemente da idade. Só necesitan contar cuns coñecementos básicos da informática .
A actividade consistirá no ensino aos usuarios de como e onde crear un blogue para comunicarse na nosa lingua e na que os programas de creación do blogue sexan en galego. Os obxectivos fundamentais desta iniciativa son:
-Fomentar o uso da lingua galega escrita nas tics. -Achegar as novas tecnoloxías a toda a poboación. -Facer unha pequena comunidade de bitácoras en galego no concello de Boiro. -Que cada un dos Blogues conte con unha pequena homenaxe a X.M. Álvarez Blázquez.
A actividade desenvolverase nas entre o 12 e o 16 de Maio horario: Luns, Mércores,Venres11:00-15:00 e de 16:00-21:00 horas.Martes,Xoves 16:00-21:00 horas.
A actividade desenvolveráse no centro social de Boiro nas aulas das que as instalacións dispoñen.
Para fomentar o uso do portal www.boirocidadan.net será a ferramenta a utilizar que conta con ferramentas como son o blogue, taboleiro de novas, emprego, email, foro, Chat todo en Galego.