28/05/2008 12:01 O vindeiro sábado 31 de maio o Departamento de Deportes do Concello de Boiro pechará o curso deportivo de inverno co desenvolvemento da Festa do Deporte.
Das actividades que se van organizar ese día, destaca o partido de exhibición de fútbol sala que van xogar o Abanqueiro “A” (campión de liga) contra un combinado do resto de equipos participantes.
Coma en anos anteriores, o adestrador do combinado será o do equipo clasificado en segundo lugar (C.D. Boiro) e, a selección, estará composta por 1 xogador de cada equipo participante: S.D. Xuventú Aguiño, C.D. Unión, Cabo de Cruz, Abanqueiro “B”, Abanqueiro “C”, Cordeiro, C.D. Boiro, ED Pobra, Crocha Levante, Crocha Poniente e Noia CF. Neste caso, a S.D. Xuventú Aguiño e o C.D. Boiro aportarán un porteiro cada un, representantes dos equipos menos goleados da liga (aparte do campión).
O partido dará comenzo ás 11:30 h. no Pavillón Municipal de Barraña, e os xogadores deberán estar ás 11:00 h. na instalación, para reunirse co adestrador, cambiarse e facer un breve quecemento. Os xogadores do combinado deberán traer a súa equipación do equipo (zapatillas, medias, pantalón e camiseta).
Ao remate do partido, cada equipo ao completo, comenzando polo 12º e ata o 1º clasificado, recibirá unha camiseta e unha medalla por xogador e, para o equipo, o trofeo correspondente. Comentar que, a diferenza de anos anteriores, non se entregarán camisetas, medallas ou trofeo aos xogadores ou equipo que non estean presentes neste acto.
Aproveitamos a ocasión para agradecervos a vosa participación na liga prebenxamín de fútbol sala e, por anticipado, na festa do deporte. E, como non, ¡contamos con vós para a vindeira edición!.