Boiro cidadán

UNHA DELEGACIÓN DO GOVERN DE CATALUÑA VISITA BOIRO

18/06/2008 14:30 Representantes da Dirección Xeral de Xuventude do Governo catalán e os seus homólogos no Goberno Galego visitan esta tarde os locais de ensaio de Boiro

Unha delegación da Generalitat de Cataluña está estos dias en Galicia estudiando as políticas xuvenís que se poderían exportar ao país catalán. Os dous programas que máis lle chamaron a atención foron o “Quérote”, programa de educación afectivo-sexual e a Rede Galega de Locais de Ensaio.
A dirección xeral de xuventude da Xunta de Galicia escolleu entonces como local máis significativo de todo o país, o local de ensaio de Boiro, polo seu plantexamento integral, que une nun espazo compartido achegas á formación (escola de música), achegas á creación musical (locais e salas de gravación), achegas á exhibición musical (sala de concertos na estación leñaverde) e achegas á difusión (leñaverde edicións, que acaba de colaborar ca maqueta “nsaio, a música emerxente de galiza” e xa está preparando o seguinte cd a editar, un traballo de música electrónica de dous mozos de Ribeira).
Esta tarde, a partires das 18h.(aprox.) convocámolos nos locais de ensaio de Boiro para a recepción desta delegación catalana, da que se encargarán Dores Torrado, concelleira de Mocidade e Xosé Deira, alcalde de Boiro.