02/07/2008 10:30 Nesta nova poderás atopar información das festas de Boiro, entre o que destaca o programa das festas e a mostra das culturas 2008
A MOSTRA DAS CULTURAS DE BOIRO REFORZA AS ACTIVIDADES DE DÍA
A malla do centeo, danzas do mundo e oficios tradicionais están presentes no programa
Sen dúbida, unha das actividades máis destacada das festas de Boiro deste ano é a recuperación logo de vinte anos da malla do centeo, unha actividade emblemática dentro dos festexos boirenses e cuxa recuperación era amplamente demandada. Este ano, gracias aos veciños da zona de Abrañeira, esto será posible. Os mesmos malladores están invitados a un xantar popular previo no mesmo recinto da mostra das culturas, o parque da Cachada. Nesa comida se xuntarán un grupo de Toledo que bailará ao día seguinte, a asociación o Faiado, a Aula de Adultos do concello e o centro de Neixón, que presentan libros a mesma mañá do sábado e a outros colectivos, asociacións, consellos parroquiais e artesáns particulares que participan na feira. Tamén estarán presentes maiores do concello de Boiro que durante a fin de semana desenvolverán o seu traballo dentro do stand da Concelleria de Turismo, recordando e facendo demostracións dos seus oficios tradicionais .
Estas actividades, xunto con outras como os bailes, a recuperación da sesión vermú, exposición de foto antiga, etc. demostran que o obxectivo da mostra das culturas: A RECUPERACIÓN DO ASPECTO CULTURAL DAS FESTAS DE BOIRO, estase empezando a cumprir. Se a esto lle unimos o salto de calidade e participación que supuxo a revista Folía, a reorientación das raíñas das festas e do pregoeiro cara ao recoñecemento dos méritos de colectivos locais, nos amosan que as festas de Boiro de hoxe son moito máis que os imprescindibles concertos nocturnos e orquestas. As festas actuais son a representación do pobo que foi e que é Boiro na actualidade. Eso é o que se celebra.