Boiro cidadán

Análise problemática Autovía ó seu paso por Boiro

10/10/2008 17:07

No  percorrido, acompañado dos concelleiros Juan Jesús Ares  e  Xoán León, tiveron ocasión de exporlle  o Delegado  e o Director Xeral  que tamen fixeron o percorrido, de todas e cada unha das anomalías e problemática que por mor das obras ou da neglixencia da empresa se están padecendo por parte de moitos veciños do municipio.   Os responsables da empresa, tamén presentes, tiveron que contemplar como os  membros da corporación  ían sinalándolle ás autoridades  cada un dos puntos conflictivos.   O percorrido comezou en Rosomil denunciando as dificultades de acceso por unha rampla, Ponte da Mina con problemas de acceso e de condución de augas, Sealo problemas de acceso , Galegos problemas de arrastres por falla de conducións axeitadas. Unha zona na que houbo múltiples queixas foi entre Espiñeira e Porto do Río na que se analizaron  a  deficiente rotonda da estrada de Noia en Bermo, o estado da estrada de Espiñeira e polígono polo tránsito pesado dos camións da autovía, Canalización que verten cara a zona de Cimadevila e Carrofeito, arrastres en toda a zona de Porto do Río.   En Cespón , a zona máis afectada foi onde se plasmou a indignación dos veciños que acudiron á  comitiva para expresar o seu malestar, non en vano nesta parroquia danse os maiores problemas e o maior número de queixas veciñais.  Os problemas de aluvións de auga provocan que as leiras se atopen anegadas e cubertas de area e fango, provocando a imposibilidade cultivalas, O río de Mojos  non existe ó estar totalmente cuberto polo depósito de area e pedras, o maior dos problemas concentrase en Pazos zona pola que se conduce gran cantidade de auga que arrastra todo o que atopa ó seu paso cortando a estrada de Cespón  unha e outra vez, na entrada da ponte sobre da ría rematan os problemas para os veciños de Boiro, o seu alcalde e corporación, pois é aquí  outra zona, a derradeira no municipio, onde a auga e os acesos ás fincas tamén provocan problemas e malestar.   A empresa asume que ten que resolver todas as deficiencias,  o Delegado e o Director Xeral deixaron claro que a empresa debe acometer de inmediato o arranxo de tódalas deficiencias.   Por parte do concello dáselle un tempo  para a execución dos traballos advertindo que non se imos estar  quedos si non vemos que  se fan realidade, tomaranse as medidas necesarias si a situación non mellorase.

Imaxes relacionadas

  • interior

Outras novas

O vindeiro 30 de Maio vaise celebrar a festa do deporte no concello de Boiro
28/05/2009 20:00 V festa do Deporte no Concello de Boiro
O Concello de Boiro firma o convenio de colaboración do programa “Vacacións en Paz” para a acollida de nenos saharauís
21/01/2009 16:29 O Concello de Boiro firma o convenio de colaboración do programa “Vacacións en Paz”
Concello de Boiro
15/01/2009 18:16 Novo espazo para a música
Deportes Concello de Boiro
04/11/2008 16:18 12 EQUIPOS COMPETIRÁN NA VI LIGA PREBENXAMÍN DE FÚTBOL SALA EN BOIRO
Concello de Boiro
03/11/2008 16:09 O Concello de Boiro pon ó cobro as taxas anuais do exercicio 2008