Boiro cidadán

interior

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2008-2009. XVI Edición.

15/10/2008 15:19 O Departamento de Deportes do Concello de Boiro pón en funcionamento a XVI Edición das Escolas Deportivas Municipais, o principal programa deportivo ofertado dende o concello e que cubrirá, prácticamente, o curso escolar 2008-2009, dende outubro ata maio.

As Escolas Deportivas Municipais boirenses teñen como obxectivos principais:

     Fomentar a actividade física e o deporte entre os máis novos, principalmente escolares de primaria e adolescentes en E.S.O. e Bacharelato.

     Mellorar a calidade de vida de colectivos especiais como son a terceira idade, discapacitados, grupos desfavorecidos..., mediante a oferta de actividades deportivas (gratuítas na súa totalidade) co fin de mellorar a súa condición física y psicolóxica.

     Iniciar e formar deportivamente ós rapaces que sirvan de sustento ós clubes deportivos locais.

     Estimular a participación deportiva mediante a organización de eventos e competicións en diversas modalidades deportivas.

     E, sobre todo, “EDUCAR” mediante a práctica deportiva a nenos, pais, avós, que vexan no deporte e na actividade física un medio para mellorar a súa calidade de vida en tódolos ámbitos.


Antecedentes.

As E.D.M. son o programa fundamental de promoción deportiva municipal. Ponse en funcionamento na tempada 1992/1993 coa oferta de 130 prazas destinadas a rapaces/zas con idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos; naquela ocasión eran cinco as especialidades que se ofertaban: balonmán, atletismo, voleibol, remo e tenis. O presuposto desta primeira edición ascendía a 337.000 pts (2.035,41 €uros).

Dun xeito progresivo, fóronse introducindo en vindeiras edicións un maior número de especialidades e prazas ofertadas, ao tempo que tamén se foi abrindo o arco de idades dos participantes.

As pasadas Escolas Deportivas Municipais 2007/2008, que constituíron a XV edición, participaron preto de 2.500 persoas con idades comprendidas entre os 3 e os 82 anos,
nas 30 especialidades ofertadas. O presuposto desa edición ascendeu a preto de 93.500 €uros.



As actuais Escolas Deportivas Municipais.

Nesta XVI edición das Escolas Deportivas 2008/2009, cun presuposto global aproximado de 95.000 €uros, apóstase pola formación deportiva nos centros de ensino primario e nos institutos, a oferta deportiva para os colectivos de terceira idade e discapacitados e a paulatina descentralización de actividades, aproveitando acondicionamento dos pavillóns deportivos escolares.

Destacar as inscricións de colectivos coma o da terceira idade (ximnasia para xubilados -145 inscricións-, natación -60 inscricións- e bailes de salón -42 inscricións) que ata o de agora rexistra un número similiar ao do ano pasado, con 247 inscricións.

Mención destacada merecen tamén as inscricións que se están recollendo dos Centros de Ensino Primario, que nas especialidades que se van celebrar nos propios centros (baloncesto, voleibol, xadrez, tenis de mesa e Educación Fìsica de Base I) nos que xa se formalizaron máis de 800 participantes.

Outras ctividades que de seguro volverán a ter moito éxito e nas que o Departamento de Deportes vai incidir principalmente van ser as Ligas Prebenxamín de Fútbol Sala (rapaces/zas de 6 anos), Ligas benxamín e alevín de fútbol 7, Copa Infantil e Cadete de Fútbol 11, Liga zonal de Voleibol e Minibasket, e as Competicións Deportivas para Primara e Secundaria, e sobre todo nesta última, intentando captar o maior número de adolescentes para a práctica deportiva, un dos obxectivos que o Departamento se marcou nestes últimos anos.


Presupostos.

O presuposto para esta edición das Escolas Deportivas Municipais ronda os 95.000 €uros.
Para a primeira fase, que abarca os meses de outubro, novembro e decembro cóntase cun presuposto de 28.548,06 €uros, quedando os restantes 66.400 €uros para a segunda fase, correspondente ó intervalo de xaneiro a maio.

Instalacións deportivas e profesorado.

Utilizaranse 18 instalacións para o desenvolvemento do programa deportivo, no que constitúe unha decidida aposta pola descentralización das actividades e de espallar o deporte por todo o término municipal.

(6 pavillóns escolares, pavillóns de Barraña e A Cachada, Ximnasio Espiñeira, Centros Sociais de Boiro e Escarabote, Casa da Cultura, Instalacións náuticas de remo e piragüismo, piscina, campos de fútbol de Abanqueiro, Cabo da Cruz e Vista Alegre).

Un total de 17 monitores titulados impartirán as actividades das Escolas Deportivas Municipais.







Actividades.

Un total 38 actividades compoñen o cartel da XVI Edición das Escolas Deportivas Municipais, divididas nos seguintes bloques:

-    Programas deportivos para adultos
-    Programas deportivos especiais.
-    Programas deportivos para rapaces/zas.
-    Competicións deportivas.
-    Programas de formación e xornadas técnicas.

(ADXUNTAMOS FOLLETO INFORMATIVO)


Agradecementos.

Agradecer coma sempre a colaboración dos clubs e asociacións deportivas locais no desenvolvemento deste programa, centros de ensino, institutos, así como a protección civil, policía local e medios de comunicación, que fan posible que leven a cabo as actividades das Escolas Deportivas Municipais, que se fagan en condicións de seguridade e que se coñezan entre o colectivo de cidadáns de Boiro.

Información.

As persoas que desexen calquera información e para formalizar as inscricións, poden dirixirse a:

Departamento de Deportes. Casa da Cultura “Ramón Martínez López” (parque da Cachada). Tlfno: 981-848425  / Fax: 981-848471 / e-mail: deportes@boiro.org / www.boiro.org

Outras novas

O vindeiro 30 de Maio vaise celebrar a festa do deporte no concello de Boiro
28/05/2009 20:00 V festa do Deporte no Concello de Boiro
O Concello de Boiro firma o convenio de colaboración do programa “Vacacións en Paz” para a acollida de nenos saharauís
21/01/2009 16:29 O Concello de Boiro firma o convenio de colaboración do programa “Vacacións en Paz”
Concello de Boiro
15/01/2009 18:16 Novo espazo para a música
Deportes Concello de Boiro
04/11/2008 16:18 12 EQUIPOS COMPETIRÁN NA VI LIGA PREBENXAMÍN DE FÚTBOL SALA EN BOIRO
Concello de Boiro
03/11/2008 16:09 O Concello de Boiro pon ó cobro as taxas anuais do exercicio 2008