Viaxe a Santiago para participar na XXXI Carreira Pedestre Popular Camiño de Santiago 2008
20/10/2008 20:29 O Departamento de Deportes do Concello de Boiro organiza unha viaxe a Santiago de Compostela con motivo da celebración da XXXI Carreira Popular Pedestre, Camiño de Santiago 2008
Preto de 30 corredores locais participarán nesta actividade, que se desenvolverá o vindeiro domingo 26 de outubro ás 10:30 h. O autobús cos participantes sairá do Parque da Cachada ás 08:30 h. Previamente, persoal do Departamento de Deportes xa terá rexistradas tódalas inscricións e xa recollerán os dorsais e os chips electrónicos o día anterior, o sábado, para que os corredores teñan tódalas comodidades e facilidades para participar nesta actividade. A chegada está prevista para as 13:30 h. Os interesados poderán inscribirse no Departamento de Deportes (persoalmente ou por teléfono no 981848425) ata as 14:00 h. do mércores 22 de outubro, día no que se pechan as inscricións definitivamente. Dende o Departamento de Deportes animamos a tódolos aqueles corredores “populares”, corredores que practican esta modalidade como deporte, por pasar o tempo libre ou como actividade beneficiosa para a saúde, para que se inscriban e participen nesta carreira, que sen dúbida será un bo xeito de pasar unha mañá de domingo e, como non, de facer unha hora de exercicio moi recomendable para a nosa saúde. Os datos principais da carreira do domingo 26 de outubro serán: - Saída ás 10:30 h. dende a Avda. Xoan XXIII (os escolares saen ás 11:30 h). - Chegada na Praza do Obradoiro. - Os adultos farán un recorrido de 12 kilómetros (9 kilómetros para escolares).
Outras novas
O vindeiro 30 de Maio vaise celebrar a festa do deporte no concello de Boiro