Boiro cidadán

O Concello de Boiro pon ó cobro as taxas anuais do exercicio 2008

03/11/2008 16:09 O 22 de decembro será a data límete para o abono voluntario

Boiro, luns día 3 de novembro de 2008.  O Concello de Boiro, na súa labor informativo, pon en coñecemento da cidadanía o comezo do abono voluntario das taxas e impostos do exercicio 2008, sendo o día 22 de decembro o prazo límite para realizar o pago voluntario dos mesmos.
Deste xeito, os contribuíntes poden abonar os impostos anuais do exercicio 2008 sobre: Bens Inmobles, Urbanos e/ou Rústicos, Actividades Económicas, Cemiterio Municipal e as taxas por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías, así como os padróns correspondentes ó terceiro trimestre de 2008 en relación có subministro de auga potable, recollida do lixo, servizo de sumidoiro, mercado municipal, instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreos situados en espazos de uso público local, así como industrias na rúa e ambulantes e a taxa polo estacionamento de vehículos de tracción mecánica en recintos de titularidade ou explotación municipal.

Rematado o prazo de ingreso en voluntaria,  declárase o recargo de prema, de tal xeito que procederá: No caso de que se satisfaga a totalidade da débeda non ingresada en período voluntario antes da notificación da presente providencia de prema, o recargo será do 5% sobre o principal (Recargo executivo); se a débeda non ingresada en período voluntario e o propio recargo se aboa dentro dos prazos sinalados no artigo 62.5 da LXT, o recargo será do 10% (recargo de prema reducido); ou o recargo de prema ordinario, que será do 20% se a débeda non se ingresa no prazo estipulado no artigo 62.5 da LXT.





Forma de Pagamento

No caso da taxa pola prestación de servizos do mercado municipal e taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreos situados en espazos de uso público local, así como industrias e ambulantes, o seu pago realizarase nas Oficinas de Servizos Económicos.

Nos restantes impostos e taxas, o pagamento realizarase como ven sendo habitual: cada contribuínte recibirá por correo un tríptico explicativo por cada un dos conceptos dos que é suxeito pasivo. Cos dous primeiros exemplares farase o pagamento directamente en calquera oficina de Caixa Galicia, e o terceiro serva para a domiciliación futura do recibo, se así se desexa. Os recibos domiciliados, cargaranse nas contas a partires do día 22 de novembro.

Para calquera dúbida e tamén para o caso de non recibir ou extraviar os recibos que recibirá cada veciño por correo, poden dirixirse á oficina de Recadación sita no Concello de Boiro ou chamar ó teléfono 981848601.

Outras novas

O vindeiro 30 de Maio vaise celebrar a festa do deporte no concello de Boiro
28/05/2009 20:00 V festa do Deporte no Concello de Boiro
O Concello de Boiro firma o convenio de colaboración do programa “Vacacións en Paz” para a acollida de nenos saharauís
21/01/2009 16:29 O Concello de Boiro firma o convenio de colaboración do programa “Vacacións en Paz”
Concello de Boiro
15/01/2009 18:16 Novo espazo para a música
Deportes Concello de Boiro
04/11/2008 16:18 12 EQUIPOS COMPETIRÁN NA VI LIGA PREBENXAMÍN DE FÚTBOL SALA EN BOIRO
Concello de Boiro
03/11/2008 16:00 INICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS NOS COLEXIOS