Boiro cidadán

O Concello de Boiro firma o convenio de colaboración do programa “Vacacións en Paz”

21/01/2009 16:29 O prazo de inscrición xa está aberto para todas as familias que desexen colaborar

Boiro, martes día 20 de xaneiro de 2009. O alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes asinou o convenio coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para a acollida de nenos/as saharuis durante os meses de xullo e agosto no municipio. Deste xeito, as familias boirenses que desexen participar co programa de acollida, poden inscribirse no Departamento de Servizos Socias do Concello de Boiro. 

O obxectivo principal deste proxecto é o de ofrecerlle a estes nenos/as a posibilidade de coñecer distintas formas de vida, clima, paisaxe e estrutura social entre outras, de xeito que poda contribuír non só a súa formación, senón tamén a mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os diferentes pobos de España e o Pobo Saharauí. O compromiso das familias non é outro que o coidado e mantemento dos rapaces durante a súa estancia no noso pobo, acompañalo nas revisións médicas e nas actividades organizadas polo Concello ou pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Todas aquelas familias ou persoas interesadas na acollida solidaria poden atopar máis información no departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Boiro ou chamando ó teléfono 981844008.

Outras novas

O vindeiro 30 de Maio vaise celebrar a festa do deporte no concello de Boiro
28/05/2009 20:00 V festa do Deporte no Concello de Boiro
Concello de Boiro
15/01/2009 18:16 Novo espazo para a música
Deportes Concello de Boiro
04/11/2008 16:18 12 EQUIPOS COMPETIRÁN NA VI LIGA PREBENXAMÍN DE FÚTBOL SALA EN BOIRO
Concello de Boiro
03/11/2008 16:09 O Concello de Boiro pon ó cobro as taxas anuais do exercicio 2008
Concello de Boiro
03/11/2008 16:00 INICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS NOS COLEXIOS