03/11/2008 16:00 A XVI Edición das Escolas Deportivas Municipais que organiza o Departamento de Deportes
A XVI Edición das Escolas Deportivas Municipais que organiza o Departamento de Deportes do Concello de Boiro finaliza a súa implantación progresiva coa posta en marcha das actividades dentro dos centros de ensino primario de Boiro.
Esto quere dicir que tanto nos recreos coma en horario extraescolar, os escolares poderán desenrolar as súas habilidades en deportes coma o voleibol, baloncesto, tenis de mesa, xadrez, tenis e educación física de base, que son os que se desenvolven específicamente nos colexios.
Un total de 454 rapaces e rapazas comenzán as clases esta semana e, previsiblemente, tal e como ven ocorrendo nos últimos anos, esa cifra aumentará considerablemente a medida que as actividades comencen e novos rapaces se acoplen á actividade.
Ademáis destas, varias actividades están pendentes de arrancar, e o caso de Educación Física de Base en Cabo de Cruz e Praia Xardín, que no momento que haxa máis de 10 solicitantes, poñeranse en funcionamento.
Un total de 13 monitores titulados serán os encargados de impartir as clases aos máis novos, onde o obxectivo principal segue sendo a Educación a través da actividade física e o deporte, ademáis de servir de base ou escola de formación para que os clubs locais “pesquen” das Escolas Deportivas Municipais para contar con bos equipos nas súas respectivas competicións.
Dende o Departamento de Deportes seguimos animando aos rapaces e rapazas, aos seus pais, aos seus avós, aos primos, amigos e demáis coñecidos, a participar nas actividades das Escolas Deportivas Municipais 2008-2009, onde calquera persoa maior de 3 anos tén a posibilidade de facer unha ou varias actividades deportivas, coas que poder ocupar o seu tempo libre, desenvolver as súas habilidades nun determinado deporte, mellorar a súa saúde coa realización de exercicio físico, coñecer xente e, en definitiva, de mellorar a calidade de vida a través do deporte e da actividade física.
Os interesados en participar, inscribirse ou simplemente informarse, poden dirixirse en persoa ao Departamento de Deportes, na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” (parque da Cachada) ou ben chamando ao teléfono 981848425.