16/05/2008 08:45 O Concello de Boiro, a Dirección Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Pentatlón moderno e Triatlón, organizan o Campionato Galego de Triatlón deste ano.
A proba será na Avenida de Avellaneda e paseo marítimo de Barraña o domingo, das 11:30 h. ás 13:30 h. A entrega de trofeos está prevista para as 14:00 h.
O tramo de estrada que vai dende a Avda. Barraña (Pub A UBI), Avenida Avellaneda (Piscina Municipal) e María Mariño (Cruce coa Avda. Barraña) estarán pechadas ao tráfico dende as 08:00 h. ata as 14:30 h., polo que se prega aos veciños e veciñas de Boiro que eviten este tramo e disculpen as molestias que se lles poida ocasionar.
As categorías nas que se desenvolverá a competición son:
- ALEVÍNS: 1 km. Correndo + 4 km. en bici + 500 m. correndo. - INFANTILES: 2 km. Correndo + 8 km. en bici + 1 Km. correndo. - CADETES: 3 km. Correndo + 12 km. en bici + 1,5 km. correndo.
Agradecer a colaboración da Policía Local e Protección Civil nesta proba, xa que grazas a eles os participantes terán un circuíto seguro e ben sinalizado.
O Departamento de Deportes anima aos boirenses a presenciar este espectáculo deportivo, onde nenos e nenas, rapaces e rapazas de toda Galicia tomarán parte neste acontecemento, demostrando o seu dominio do atletismo e o ciclismo no seu conxunto.