Boiro cidadán

A/VV A UNIÓN de Sta Mª do Castro
Rúa Campo, Nº 2 Baixo-Dereita.
15939 Cabo de Cruz, Boiro - A Coruña.
Tlfno./Fax: 981 847 001.
Email:xuntadirectiva_aunion@yahoo.es
aunion@cabodecruz.org
Web: http://cabodecruz.org

A UNIÓN CELEBRARÁ EN XULLO A ASEMBLEA XERAL ORDINARIA PARA OS SEUS SOCIOS.

18/07/2008 15:57

Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Veciños A UNIÓN.

Estimado/a Socio/a:
Pola presente convocamos ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xullo de 2008 ás 20:00 horas no local de AMB (AMEBARRAÑA).

  1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta Anterior.
  2. Demisión da Vicepresidenta Mª del Carmen Hermo Torrado, e elección de substituto/a.
  3. Presentación das contas do ano 2007.
  4. Últimas xestións realizadas.
  5. Rogos e Preguntas.

Contamos coa súa asistencia.

Dende aquí aproveitamos para invitar a todos os medios de comunicación e a todos os veciños, pero lembramoslles que só terán voz e voto os socios, e os veciños que non o sexan serán escoitados se así o decide o Presidente.

Sen outro particular, reciban todos un cordial saúdo.