Boiro cidadán

Se queres contactar connosco podes facelo vía:
Email: vecinosdecespon@hotmail.com
Telf.: 628 378 866

Xogos populares e charla cultural en Cespón

05/07/2008 13:17

Propostas da Asociación de veciños "Neixón" para o día de san Bieito

O día 11 de xullo,festividade de san Bieito,van ter lugar no Campo de San Roque da parroquia de Cespón uns xogos populares organizados pola A.V.V. "Neixón".A actividade empezará ás 19h e constará de xogos tradicionais:a corda,o pano,carreiras de sacos,..xunto con outros mais orixinais:carreiras de tartarugas,xogos con auga,...dirixidos a nenos e adultos da parroquia con ganas de pasar un bo rato.Os gañadores dos distintos xogos obterán agasallos.
Ese mesmo día,ás 21h,terá lugar no Centro Social de Cespón a primeira das charlas da segunda tempada dos Venres Culturais.A charla,impartida por Xurxo Ayán,do equipo arqueolóxico dos castros de Neixón leva por título:
Neixón 1925:a prol da recuperación da memoria histórica da Arqueoloxía galega.

Documentos relacionados