Boiro cidadán

Rúa Peirao S/N
15.939 Cabo da Cruz
Boiro (A Coruña)
Tfno. 676823323
Fax. 981847001
E-mail: festasdocarme@yahoo.es
Cabo da Cruz

Hoxe dan comezo as Festas do Carme no Cabo da Cruz.

15/07/2008 13:10

O Carme 2008 dunha pequena vila mariñeira.

O Carme do Cabo da Cruz celebrase dende fai xa 44 anos de xeito continúo, ano tras ano saímos as rúas para acadar os fondos necesarios para que todos poidamos disfrutar das festas que na pequena vila mariñeira de Cabo de Cruz celébranse por todo o alto. Lembren que o pistoletazo de saída xa se deu o sábado cos partidos de fútbol en Valiño, e no domingo bailes tradicionais en Subuqueiro e campionato de bolos en Triñans. Hoxe dan comezo as verbenas que esta noite haberá grandes orquestras e maña día da Patroa dos Mariñeiros será o día grande no que milleiros de persoas se achegarán ata o noso pobo para acudir a xa tradicional Procesión Marítima na que todas as embarcacións saen o mar engalanadas escoltando a súa Virxe do Carme e que culmina cunha ofrenda floral na honra de todos os mariñeiros falecidos. Vótenlle unha ollada a nosa axenda e poderán ver que grandes orquestras nos acompañaran hoxe e maña para que todos bailemos o son da música.

Por incrible que pareza, todos os crucenses séntense orgullosos desta festividade que honra a patroa dos mariñeiros e que nesta vila e moi querida pois case todos os veciños viven do mar directa ou indirectamente, por iso se creou esta asociación para evitar que se perdera unha tradición tan apreciada entre todos os veciños. Achéguense ata Cabo de Cruz e poderán comprobar todo o sentimento con que se viven estes días, se veñen quererán volver o vindeiro ano e esperamos que así sexa e que disfruten con nós.

Documentos relacionados