Boiro cidadán

Rúa Peirao S/N
15.939 Cabo da Cruz
Boiro (A Coruña)
Tfno. 676823323
Fax. 981847001
E-mail: festasdocarme@yahoo.es
Cabo da Cruz

A Trainera de Cabo comanda de novo a Procesión.

Remataron os festexos do Carme no Cabo da Cruz

18/07/2008 18:11

Festas do Carme 2008.

O día 16 de xullo ben entrada a madrugada deronse por rematadas todas as actividades dos Festexos do Carme no Cabo de Cruz.

Dende o seu comezo coas actividades durante os días 1 e 13 de xullo ata os días das verbenas 15 e 16 de xullo debemos dicir que estamos contentos do éxito acadado pois apesares de que as verbenas se celebraron durante a semana e a xente tiña que traballar, a afluencia de público foi increible pois milleiros de persoas se achegaron o noso pobo para pasalo ben con nós.

Non cabe duda que o día de maior afluencia foi na noite do día 15 de xullo pois ata entrada a maña quedaba xente no campo da festa disfrutando sen facer máis que iso pasalo ben, e como non tamén o día 16 durante a procesión se rexistrou unha masiva afluencia de visitantes.

A directiva desta entidade quere agradecer a todos aqueles que dun xeito ou doutro colaboraron para acadar o obxectivo que ano tras ano nos marcamos e que non é outro que os nosos veciños e os que nos visitan pasen un bo momento coas actividades e as verbenas en honor a Virxe do Carme.

Para nós aínda queda un longo camiño por percorrer pois agora toca seguir traballando para que o vindeiro ano todos poidamos gozar de novo con estas festas que cada ano son máis coñecidas e reciben máis visitantes para pasar un momento de lecer con bos amigos e cos veciños de Cabo de Cruz.

Terán fotografías e algún video de todos os actos en breve, pero xa poden ir mirando algunha na web de cabo de cruz.

Imaxes relacionadas

  • Procesión Maritima 2008

Ligazóns relacionadas