Boiro cidadán

Se queres contactar connosco podes facelo vía:
Email: vecinosdecespon@hotmail.com
Telf.: 628 378 866

Arqueoloxía e folklore: o Pico Sacro

19/07/2008 13:46

Charla cultural no Centro Social de Cespón

Nesta ocasión,a idea sería falar dun lugar como o Pico Sacro,na comarca de Santiago onde hai unha gran cantide de lendas e tradicións para que logo os veciños de Cespón conten aquelas que lle aprenderon os seus pais, avós... A imaxe mostra ós devotos pasando un ramo polo San sebastián o 20 de xaneiro no cumio do monte. A xente despois pasa os ramos polas súas pernas para curar as enfermidades de osos, reúmas...

A charla vai ter lugar o próximo xoves 24 de xullo ás 21h,no Centro Social de Cespón.Será a terceira das charlas pertencentes ó ciclo Venres culturais II e vai estar impartida por Leonardo González,da empresa Alicerce S.L.De forma excepcional organízase en xoves debido á festividade de Santiago Apóstol do venres 25.