Persoa de Contacto: Mª Luisa López Otero
R/ Fernández Mato, 14, baixo.
15930, Boiro (A Coruña)
Tlf. 981 846 392
E-mail: ofaiado2@latinmail.com
O FAIADO 2
16/08/2008 16:28
Xuntanza literaria
Documental sobre D. Ramón Fernández Mato
Exposición: "Martínez López na memoria"
O Xoves 21 de Agosto , as 20:00 h, vai ter lugar no Centro Social de Boiro a 3ª Xuntanza Literaria O Faiado 2: "Barbanza na escrita de séculos pasados", acto no que contaremos coa presenza de Dona Carlota Paz (viúva do escritor e xornalista Borobó), Dona Maribel Martínez (filla do escritor D. Ramón Martínez López), así como familiares do pai Celestino García Romero, de D. Ramón Fernández Mato e de Valle-Inclan, entre outros.
Na lectura de textos intervirán Xesús Santos Suárez, J. Ordoñez Buela, Fran Couselo, Xoan Guitián, M. Ríos Pérez, Mª Luísa López, Isabel Santos, J. Bautista Mariño, Xerardo Piñeiro, Antonio Piñeiro, Silvia Mirón, Blanca Caamaño, Ana Acuña.....
Despois amosarase un documental sobre o escritor D. Ramón Fernández Mato, realizado en Vigo por Visuallabora.
Ó remate da lectura, as 21:00 h, dirixirémonos ó local de "O Faiado"para inaugurar a exposición "Martínez López na memoria", con material referente a vida e obra do autor.
Esperamos contar coa vosa presenza.