FESTAS DO CARME 2009 DO CABO DA CRUZ
25/06/2009 23:59
PROGRAMACIÓN COMPLETA DA FESTA DO CARME DO CABO DA CRUZ.
DOMINGO 12 DE XULLO
CAMPIONATO DE BOLOS E FÚTBOL AFECIONADO.
Este día será un domingo espectacular e dará comezo
ás 12:00 horas no Campo de Bolos de Triñans co Campionato de Bolos, a ver quen son os gañadores deste ano que o seu agasallo han levar.
E pola tarde para rematar a xornada
ás 18:00 horas dará comezo o espectacular Partido de Fútbol no Campo de Fútbol de Valiño, co partido tradicional de:
SOLTEIROS vs CASADOSO que non sabemos é que vai pasar cos separados, arrechejados e demáis, a ver se tamén se animan a participar.
Todos aqueles que se animen a participar no día do deporte non teñen máis que achegarse ata os lugares indicados na hora H e participar que de seguro que van a disfrutar e tamén a rir co que algún fai ou deixa de facer.
MÉRCORES 15 DE XULLO
Alborada a cargo dos Grupos de Gaitas:
"A GANDAINA DE PALMEIRA"E"NOITEBRA"
A partires das 18:00 horas nas inmediacións do peirao e do campo da festa teremos os xa tradicionais XOGOS POPULARES:Cucañas, Tiro da Corda, Chave, Carreira de Sacos, Carreira de Zancos e moito máis, veñan a comprobalo e anímense a participar pois algún premio poderán levar, e senón a mellor recompensa que se pode ter que non é outra que difrutar.
Pola noite Gran Verbena amenizada polas orquestras: "PANORAMA"
E"OLYMPUS"
XOVES 16 DE XULLOAlboradas a cargo dos Grupos de Gaitas:
"A GANDAINA DE PALMEIRA"E"NOITEBRA" EBANDA DE MÚSICA "A UNIÓN" DE LANTAÑO coa colaboración da Cofradía de Pescadores de Cabo de Cruz.
Ás 11:30 traslado da Virxe do Carme dende a Capela do Carme ata a Lonxa de Cabo de Cruz.
Ás 12:00 Misa Cantada na ofrenda da Virxe do Carme e a continuación Procesión Marítima percorrendo parte do litoral Boirense e facendo unha ofrenda floral na Punta do Campo honrando a todos os mariñeiros falecidos.
Ás 20:30 horas "MOSTRA DE BAILES INTERNACIONAIS" coa colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Boiro.
Os grupos que amenizarán a Mostra serán os seguintes:
- BALLET SILISTRA (BULGARIA)
- BALLET FOLKLÓRICO DE MONTERREY (MÉXICO)
- GRUPO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO XILBARBEIRA (BOIRO)
Pola noite Gran Verbena amenizada polas orquestras:"TEKILA"E"TRIUNFO"A medianoite gran queima de
fogos de artificio que coma todos os anos serán espectaculares, e coma de costume a tirada dos fogos será
ás 00:00 horas con fogos aéreos e acúaticos.