Boiro cidadán

Se queres contactar connosco podes facelo vía:
Email: vecinosdecespon@hotmail.com
Telf.: 628 378 866

Novos grupos de ximnasia para maiores e de pintura para nenos en novembro

01/11/2009 11:36

Gran participación nas actividades organizadas pola asociación de veciños "Neixón"

As actividades organizadas pola asociación de veciños este outono están tendo tanta aceptación que obrigaron a facer 2 grupos en ximnasia para maiores e pintura para nenos e a pechar a inscripción en bordado e arte floral,ó completarse o número de prazas dispoñibles(20).

É descatable o feito de que están participando nas actividades persoas doutras parroquias boirenses e incluso do concello de Rianxo,convertendo o pequeno Centro Social de Cespón nun punto de encontro para persoas de tódalas idades interesadas nun ocio activo.
Dende a directiva da asociación anímase a tódolos veciños a que nos propoñan actividades para o vindeiro ano e a que participen nas actividades nas que hai prazas dispoñibles.