Boiro cidadán

Se queres contactar connosco podes facelo vía:
Email: vecinosdecespon@hotmail.com
Telf.: 628 378 866

Os obradoiros foron as actividades con mais éxito

08/01/2010 10:50

Balance de actividades organizadas no 2009

Ó longo do ano 2009 a asociación de veciños "Neixón" organizou actividades moi variadas,dende unha xornada cultural adicada ós castros de Neixón ata un obradoiro de arte floral.
Ademáis,a Consellería de Medio Rural concedeunos a realización dun curso de aplicación de produtos fitosanitarios no Centro social ó cal se apuntaron mais de 50 persoas para 30 prazas,o que da unha idea do interese que despertou entre os veciños da parroquia.
Dende a asociación esperamos que as actividades que organicemos este ano teñan tan boa acollida coma as do ano 2009 e animamos ós veciños a que propoñan actividades e participen nas que xa están en marcha.

Realizáronse actividades anuais que xa se viñan organizando en anos anteriores como ximnasia,pintura ou bordado,e ofertáronse dous obradoiros de 2 meses de duración: cestería e arte floral,que foron un éxito de asistencia.
Os interesados poden acceder ó listado completo das actividades organizadas na sección "mediateca",apartado "actividades 2009".