Boiro cidadán

Telf.: 981 845713
E-mail: cbstabaia@yahoo.es

Club de Baloncesto Santa Baia

A nosa historia

Case co ano 1992 nace o Club B. Santa Baia no centro do mesmo nome.

A idea inicial de preparar “un pouco mellor” os partidos do Deporte Escolar e dinamizar os recreos pronto se ve superada pola realidade.

No curso seguinte toman as rendas do Club D. Enrique Basavilbaso: como presidente, Eduardo Estévez: secretario e Bernardino González: tesoureiro.

OClub crece en número de socios e xogadores. Hai que amplia-las categorías a cadetes, que compiten na liga de Santiago. Agora xa precisamos máis adestradores e axudan na preparación dos xogadores/as: Guillermo, Jerry, Óscar López, Flor Abal, ...

Un par de anos máis tarde os cadetes pasan a xuvenís. Hai que ampliar as categorías e o número de equipos para que os xogador@s no queden descolgados. Xa temos unha categoría máis.

No ano 98 incorporase ó club un novo adestrador: Ángel Noya, e tamén hai cambio na directiva con Marisol López como presidenta e Fernando Blanco como secretario.

No ano 2000 competimos en 1ª División Aut. Feminina (Grupo Sur) e Sénior Zonal de Santiago (masculino). Incorpóranse novos adestradores nesta tempada e na seguinte: Santi Iglesias, Senén Diéguez, María López, Rubén González, Ramón Piñeiro, ....

Establecese un período de colaboración co C.B. Ribeira. Na tempada 2001-02 temos equipos en tódalas categorías ata xuvenil, e seguimos mantendo o equipo femenino na 1ª Autonómica

Desde tempada 2002-03 mantemos o mesmo número de equipos con lixeiras diferencias. Non conseguimos sacar os equipos senior ata o 2006 que recuperamos o senior masculino

Directiva

Presidente:
Juan Chouza Blanco
Secretario:
Óscar López Suárez
Tesoureiro:
Bernardino González G.

Novas

COMPOSTELA CUP DO CAMIÑO

Alevín masculino

25/06/2008 00:41 O equipo alevín masculino remata a tempada nun torneo en Santiago
Non lles foi nada mal