Boiro cidadán

A/VV A UNIÓN de Sta Mª do Castro
Rúa Campo, Nº 2 Baixo-Dereita.
15939 Cabo de Cruz, Boiro - A Coruña.
Tlfno./Fax: 981 847 001.
Email:xuntadirectiva_aunion@yahoo.es
aunion@cabodecruz.org
Web: http://cabodecruz.org

"A Unión" de Santa María do Castro

A Asociación de Veciños A UNIÓN de Sta. María do Castro é unha das entidades pioneiras a este respecto no termo municipal, xa que dende a data da súa constitución, no ano 1979, vén desenvolvendo unha moi importante labor nos distintos eidos que afectan á vida cotiá e á realidade do lugar, en consonancia co seu principal fin que é o de servir á comunidade que a conforma.

Proba desta traxectoria son os distintos logros acadados e os investimentos realizados en distintos lugares da parroquia e moi especialmente no que se refire á mellora de infraestructuras e servicios, así como a defensa dos intereses dos veciños/as da parroquia ante as distintas administracións e organismos públicos:

  • Construcción e remodelación do Cemiterio Parroquial, coa colaboración do Concello de Boiro e da Deputación Provincial. Así como unha posterior ampliación do mesmo iniciada no ano 1998 e rematada no 2001, continuando na actualidade colaborando coa xestión do mantemento do mesmo.
  • Reparación dunha Soleira no lugar da Ribeira Grande, coa axuda do Padroado Provincial para a Mellora do Medio Rural, no ano 1998.
  • Primeira, Segunda e Terceira Fase, nos anos 2000, 2001 e 2002 respectivamente, da construcción dunha Área Recreativa no entorno da Igrexa de Sta. Mª do Castro, xunto coas axudas acadadas da Deputación Provincial e do Concello de Boiro, procedendo na actualidade cunha Cuarta Fase.
  • Elaboración, consensuada con tódalas entidades locais, do proxecto da ampliación do peirao de Cabo de Cruz, no 2001. Seguimento na actualidade do estudio do proxecto.
  • Estudio do PXOM e presentación de alegacións ó mesmo coa pretensión de mellorar o desenvolvemento da Parroquia do Castro.
  • Acadar a participación da Entidade nos Plenos do Concello no ano 1998.
  • Convocatoria dunha Mesa Redonda de tódolos candidatos ás eleccións municipais por segunda vez.
  • Loita contra os vertidos e a contaminación en defensa da saúde pública, sempre que é necesario.
  • Loita pola existencia dun servicio básico de saneamento e denuncia pola falla do mesmo, dende o ano 1997.
  • Loita por acadar a construcción de instalacións para actividades deportivas e culturais, a través da presentación de propostas ás entidades competentes, dende o ano 1997.
  • Arranxo de camiños veciñais, alumeado, etc.
  • Arranxo do Parque Infantil de Subuqueiro no ano 2006.
  • Colocación de Servicios de Ducha e Baño na praia da Ribeira Grande no 2008.
  • Construcción do Parque Biosaludable xunto á Casa do Mar no 2008.
Esta entidade, que conta con máis de 300 familias asociadas (máis de 1.000 beneficiarios/as), ten posto en marcha dende o ano l995 un amplo programa de actividades culturais e servicios co fin de atender e dar resposta ás distintas necesidades e intereses veciñais, así como fomentar a cultura e a sociabilidade entre a xente do pobo:
  • Homenaxe ó Club de Remo de Cabo de Cruz no ano 1999.
  • Celebración do 70 Aniversario da Parroquia no ano 1999.
  • Creación dun Grupo de Danza e Música Tradicional, chamado “Ondas do Castro”.
  • Celebración de Festas Tradicionais, cada ano (Festival de Nadal, Entroido, Letras Galegas, Magosto, Recuperación da Tradicional Romaría do Castro)
  • Campañas de difusión cultural (charlas, encontros literarios, viaxes culturais, exposicións de pintura, fotografía, manualidades, etc.)
  • Concursos Fotográficos e Literarios.
  • Cursos e clases dirixidos a tódolos niveis (Pintura, Manualidades, Bolillos, Informática, Música Tradicional, Baile Tradicional, Inglés, Galego, etc.)
  • Preparación para as probas de acceso ó Título de Graduado Escolar para maiores, así como ESO e Bacharelato dende o ano 2000.
  • Actividades Deportivas (campionatos, xogos populares, etc.)
  • Edición dun Boletín Informativo trimestral chamado “Ó Socaire” dende o ano 1995.
  • Creación e apertura dunha biblioteca local no ano 1995.
  • Nacemento dende A Unión da Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras “Gamela” de Cabo de Cruz.
  • Creación dunha aula de internet acadada dunha subvención da Consellería de Cultura coa contribución de 5 PC, no 2002.
  • Organización do Mes Cultural no Castro – maio 2002 e maio 2003: celebración das Letras Galegas coa realización de todo un mes de actividades culturais e deportivas (concursos, xogos populares, charlas, concertos, obras de teatro, exposicións, etc.)
Esta actividade acadou un importante éxito de participación e aceptación nos dous anos.
  • Creación da Comunidade de Propietarios do Cemiterio do Castro en Xaneiro do 2006, esta comunidade rexirá o Cemitério Parroquial de Sta. María do Castro.
  • Nacemento dende A Unión da Asociación Festas do Carme de Cabo de Cruz en Novembro de 2006.
  • Biblioteca informatizada cun PC, acadado dunha subvención da Secretaría Xeral de Comunicación en Maio do 2006.
  • Organización das Letras Galegas 2007 dende o 1 ata o 17 de maio con diversas actividades (concursos narrativos e fotografícos, exposición fotográfica, xogos para nenos, charla, contacontos).
  • Paseo Marítimo da Ribeira Grande no 2007.
  • Remodelación do Paseo Marítimo de Carragueiros no 2008.
  • Reordenación do aparcamento na rúa Campo no 2007.
  • Arranxo do alumeado na dende a Praza do Carme ata a de Pita no 2007.
  • Celebración do Nadal no 2007, con Papa Noel, Animadores Socioculturais, Adorno dunha árbore de nadal, castañas asadas e chocolate.
  • Reedición da revista informativa Ó SOCAIRE no 2007.
  • Celebración das Letras Galegas 2008 co VII Concurso de Narracións e VIII Concurso Fotográfico No Castro, e cun pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Arume.
  • Charla Informativa sobre o Centro de Día para Maiores no 2008.
Con motivo de tentar prestar un servicio de defensa dos dereitos e de xestión particular dos intereses de cada socio (licencias, certificacións, solicitudes, pensións, becas, permisos, declaracións da renda, etc.), é polo que ten aberto ó público un local de Información e Atención Cidadán, e da mesma maneira acadar outro dos obxectivos propostos: procurar e xestionar axudas a tódolos niveis, que redunden na consecución dunha mellora na calidade de vida no conxunto desta parroquia.

Poboación a quen vai dirixida a actividade:

A Parroquia de Sta. María do Castro alberga, no seu conxunto, unha poboación de preto de 3.000 habitantes (arredor dunhas 750 familias). Das oito parroquias que conforman o Termo Municipal é a que acusa unha maior densidade de poboación. Goza dunha situación económica que poderiamos cualificar de moderadamente boa, propiciada se cadra polo crecemento de diversos sectores productivos nos últimos anos, entre os que destacan a pesca e o marisqueo, o que comportou unha diversificación da actividade económica en torno a outros sectores: servicios, construcción, comercio, turismo, etc.

Este nivel de desenvolvemento socioeconómico e as distintas posibilidades que o lugar ofrece non se ven correspondidos cos niveis de desenvolvemento sociocomunitario, cultural e educativo, posto que as inversións realizadas neste senso atópanse practicamente centralizadas na capital do municipio.
As inquedanzas dos veciños e veciñas desta parroquia vense claramente reflectidas nas múltiples formas asociativas existentes e o alto nivel de actividades e servicios desenvolto por estas, a pesares dos poucos recursos con que ditas entidades contan.

É de destacar neste senso a actividade desenvolta e os servicios que están a prestar estas entidades nos seus diversos ámbitos de actuación, caso do Club de Xubilados, A.N.P.A. do C.P. de Sta. María do Castro, a Asociación Gamela, a Asociación Festas do Carme do Cabo da Cruz e A/VV “ A UNIÓN” no terreo sociocultural e educativo; o Club de Remo, Club de Volea e S.D. Cabo de Cruz no eido do deporte; así como as diversas agrupacións empresariais e profesionais no aspecto socioeconómico e laboral.

Aínda así, débese entender que as gañas e vontade amosada por estas entidades de traballar pola mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas desta parroquia non serve de moito se por parte das administracións non se lles facilitan as ferramentas e medios necesarios para o desenvolvemento da súa labor social.

Directiva

Presidente:
Benigno Sánchez Calo.
Vicepresidente:
Luis Carlos Paz Martinez.
Secretaria:
Elena Isabel Santamaría Araújo.
Tesoureiro:
Manuel Diéguez Rey.
Vogais:
José Ruíz Santamaría.
Germán Muñiz Sieira.
Julia Mª Tubio Ortigueira.
Inmaculada Romero García.

Novas

PAPA NOEL CHEGA A CABO DE CRUZ.

17/11/2008 18:09 Papa Noel chegará ó noso pobo en barco o día 21 de decembro, e dende o porto dirixirase á Lonxa de Cabo de Cruz, onde estará acompañado por paiasos con moitos xogos e globos, tamén traerá castañas asadas, caramelos e chocolate para todos.

Acordadevos que o día 21 de decembro ás 18:00 chegará Papa Noel, xa sabedes traede os vosos cativos, e lembrade que isto non é so para os nenos, porque os non tan nenos tamén disfrutaremos con eles.

Sacaranse fotos, os nenos terán unhas horas nas que poderán disfrutar da presenza de paiasos e outras sorpresas.

Non vos esquezades, achegadevos a Cabo de Cruz ese día a iso das seis da tarde e disfrutade con todos nós.

Enquisa

¿Cres que é bo que invirtan na Depuradora do Campo?