Boiro cidadán

Apdo. de correos nº 50 
Centro Social, Rúa Manuel María
Tfns.: 639 924 848
609 252 899
606 115 575
bandademusica@boirocidadan.net

Banda de Música

No ano 1980 a Coprporación Municipal do Concello de Boiro Aprobou unha subvbención para axudar á formación dunha escola de música no Municipio. Con esta axuda e a aportación economica dos alumnos creouse a Escola Municipal de Música.A Banda de Música que nace coa colaboración do Concello de Boiro e das aportacións dos pais dos alumnos estréase un ano despois da formación da Escola de Música baixo a batuta do mestre D. Xosé España Lorenzo. A Escola Municipal de Musica foi dende sempre o principal nutrinte da Banda Municipal, formando dende os seus comenzos a xoves do noso Concello para incorporalos á agrupaciónNo ano 1986 D. Ramón Boga colle a dirección da Banda posto que o anterior director tivo que abandonar o seu labor na Escola de Música, e contratase un novo mestre, D. Olimpio Carril quen se encargará de impartir clases de vento-madeira ata o ano 1991. Neste anocolle o seu relevo D. Fernando Gontad, quen ainda imparte hoxe en dia clases.No ano 1997 coa subvención do Concello incorporase unha nova actividade á escola, as clases de piano.No ano 2.002 colle a dirección da Banda e entra como mestre de vento-metal D. José Luis Miranda, antigo alumno da escola quen ainda densempeña este cargo.Dende a primeira actuación en publico (Semana Santa do ano 1.984) ata hoxe, a Banda actuou en todolos actos sociais e culturais do Concello de Boiro, tamén fixo actuacións en programas da TVE e TVG como Luar, Galicia Enteira ou Desde Galicia para el Mundo tamén participou no I e III Festival de Bandas de Música de Piedrahita (Ávila),I Festival de Bandas de Música De Ordes, no VI Festival de Bandas de Mísica de Guitiriz, e na homenaxe as Bandas de Música nas Festas do Apostolo do ano 2006.No mes de xullo do ano 2006 celebramos o noso XXV Aniversario co primeiro festival de Bandas de Música Concello de Boiro, e no mes de setembro tivo lugar a grabación do noso primeiro disco que sairá a rua no vindeiro mes de maio.A día de hoxe ofrecemos na Rúa Peonil un concerto cada mes e asistimos aos actos oficiais requeridos polo Concello co ós distintos festexos realizados nas parroquias de Boiro.

Directiva

Presidente:
Jesús Ramón Lojo Gonzalez
Vicepresidente:
Felisa Tubío Saavedra
Secretario:
Luís Francisco Miranda Bóo
Tesoureiro:
José Suárez Ríos
Vogal:
María del Mar Blanco Miguéns
Director:
José Luís Miranda Sueiro

Novas

A nosa Asociación acada o premio a mellor entidade cultural

20/11/2007 22:51 O pasado 15 de novembro dabanse a coñecer os Premios a o Asociacionismo do 2.007

Enquisa

Tocamos os concertos o sabado pola tarde ou os domingos pola maña