Asociación de "Festas do Carme do Cabo da Cruz"
Somos un grupo de xente xoven que compartimos o desexo de que a tradición das festas non se perda. Compartimos o gusto polas verbenas, as orquestas e todo o que rodea este mundillo, somos festeiros!!!
Esperamos que as festas sexan do agrado da gran maioría e como sempre aceptamos críticas constructivas, nunca destructivas!!
Levamos anos organizando as Festas do Carme do Cabo da Cruz, pero comezamos como Asociación sen ánimo de lucro no ano 2007, e esperamos que coa axuda de todos os veciños poidamos seguir adiante.
Animámolos a todos a que se fagan socios, pois é de valde, non ai cota de socio é voluntaria!!!!!
Este ano 2008 estamos traballando a reo para volvernos ver no Carme do Cabo da Cruz, así que xa saben pasen polo noso pobo e disfruten con nós.
LOGROS:
- Dende o ano 2001 celebrando a Festa do Carme no Cabo da Cruz con diversas actividades, continuando así a tradición de máis de coarenta anos que ten dita celebración.
- Celebración da XLIII Edición da Festa do Carme no ano 2007 coas seguintes actividades:
- Partido de fútbol afeccionada Solteiros contra Casados.
- Campionato de Bolos.
- Exhibición de baile latino co Grupo Tomasón de Riveira.
- Xogos tradicionais e populares.
- Misa e Procesión Marítima coa ofrenda floral.
- Verbenas nocturnas.
- Fogos Artificiais.
- Celebración da XLIV Edición da Festa do Carme no ano 2008 coas seguintes actividades:
- Partido de Fútbol 7 Feminino Solteiras contra Casadas.
- Partido de Fútbol Masculino Solteiros contra Casados.
- Campionato de Bolos.
- Exhibición de Baile Tradicional Galego cos Grupos "Aroña" e "Xilbarbeira" acompañados polo Grupo de Gaitas Noitebra.
- Xogos Populares e tradicionais.
- Misa e Procesión Marítima.
- Verbenas Nocturnas.
- Fogos Artificiais.
Xa comenzamos a traballar de novo para que na seguinte edición do ano 2009 todos poidan disfrutar de novo de todo o que estamos a preparar, lémbrense sempre que aceptamos toda a colaboración pois é necesaria para así continuar esta tradición tan antiga neste pobo. Este ano 2009 xa temos a maioría do programa dos festexos que se levarán a cabo durante as Festas do Carme e poderán comprobalo nas novas e na axenda e así como se vaía perfilando todo o programa iremos comunicándollo a todos vostedes para que poidan acompañarnos nestas datas.
- Celebración da XLV Edición da Festa do Carme no ano 2009 coas seguintes actividades:
- Partido de Fútbol Masculino "Solteiros Vs. Casados" en Valiño.
- Campionato de Bolos en Triñans.
- Xogos Populares e Tradicionais: Cucañas, Carreiras de Sacos, Tiro da Corda, Chave, Carreiras de Zancos, Salto da Comba, etc.
- Bailes Internacionais con: Grupo Silistra de Bulgaria, Grupo de Baile Popular de México con Mariachis, Grupo Xilbarbeira de Boiro.
- Verbenas Nocturnas con Panorama, Olympus, Tekila, Triunfo.
- Fogos Artificiais aéreos e acúaticos.
E xa temos que comezar a traballar para o vindeiro ano 2010, esperamos ter folgos para poder seguir así e seguir obtendo a colaboración de todos vostedes.