Centro Social de Boiro
Rúa Principal nº 77
C.P. 15930 Boiro-A Coruña
Telf: 981 842 635
Email: centrosocial@boiro.org.
A Asociación, en función dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial do Concello de Boiro.
a) Defensa dos dereitos e intereses xerais dos asociados/as como ciudadanos/as. b) Aumento da calidade de vida dos veciños/as en relación co medio ambiente, a saúde e o deporte, a educación e a integración das persoas cunha problemática persoal e/ou familiar específica.
c) Defensa e conservación do patrimonio histórico, artístico e cultural. Estudio e divulgación dos aspectos históricos, artísticos e culturais que nos definen e nos identifican. Estudio, recuperación e divulgación da toponimia.
d) Valoración do galego como lingua propia de Galicia. Promoción, fomento e defensa do galego e da cultura propia de Galicia.
e) Defensa e conservación do medio ambiente que nos rodea e recuperación de espacios públicos para o lecer.
f) Recuperación e celebración de festas tradicionais.
g) Establecemento de canles comunicativas entre os veciños/as e outras institucións públicas ou privadas, especialmente co Concello. h) Cooperación coas institucións públicas ou privadas que supoñan un beneficio social evidente.
a) Promoción e dinamización dun espacio de encontro.
b) Organización de actividades sociais, culturais, deportivas e lúdicas.
c) Organización de cursos, seminarios, xornadas, conferencias e debates.
d) Elaboración, edición e difusión en lingua galega de materiais impresos cunha intencionalidade cultural, informativa e divulgativa, con contidos relacionados coas actividades promovidas e desenvolvidas pola Asociación.
e) Colaboración para a resolución de tódolos problemas que afecten ós veciños/as relacionados cos servicios municipais, o mantenemento e mellora de rúas, estradas e camiños, o desarrollo dos plans urbanísticos, dotación de aceras, acondicionamento de espacios públicos, etc.
f) Actividades de carácter informativo.
g) E todas aquelas actividades que se propoñan e programen encamiñadas á consecución dos fins da Asociación. Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados e asociadas nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
Presidente:
D. Mariano Muñiz Blanco
Vicepresidente:
D. Sigfredo Fernández Rodríguez
Secretario:
D. Jesús Lojo Mayán
Tesoureiro:
D. José Francisco Torrado Brión
Vogais:
1º Dna. María del Carmen Viñas Calvo
2º Dna. Josefa Franzón Quintáns
3º D. Miguel Angel García Maneiro
4º D. Julio Castro Romero
5º D. Angel Santamaría Patiño
27/04/2007 17:05 O próximo venres día 27 terá lugar no centro social de boiro a reunión da Reunión da Asociación de Veciños/as Camiño Real.