Persoa de Contacto: Mª Luisa López Otero
R/ Fernández Mato, 14, baixo.
15930, Boiro (A Coruña)
Tlf. 981 846 392
E-mail: ofaiado2@latinmail.com
Chegados son os tempos de preservar as pegadas de noso pasado; tempos de conservar un futuro mellor. Para iso, contamos coa forza da ilusión e das ideas asentadas; debuxamos proxectos de dinamización e sensibilización; aglutinamos persoas e sensibilidades varias; organizamos foros de concienciación, e, por último, reclamamos medidas efectivas aos poderes establecidos.
Unha sociedade sen fonda raizame verase, indefectiblemente, arrastrada polo xélido vento da desmemoria. Nosoutros, membros e simpatizantes do Faiado, sabémolo ben. Por iso, nada do que foi nos é alleo. A nosa loita é contra o efémero e perecedoiro, con vocación de eternidades. Loitamos contra a ferruxe desdebuxada do solpor, a prol do abrente da lembranza. Pelexamos por todo o que os nosos devanceiros crearon con amor e afán de trascendencia. somos ponte tendida entre o esquecemento e a esperanza. Estamos a esculcar na soidade clamorosa do pasado a fin de reanimarmos a forza seminal dos cervos en flor, e esa seiva nutricia das mámoas espidas, que foron modelando o noso horizonte cultural e as nosas querenzas.
Somos, pois, no Faiado-2, memoria rediviva. Sabémonos fillos privilexiados do Tempo, de imaxes espelladas ao longo dos moitos roteiros que salferen a comarca barbanzá, onde hórreos e pombais, castros e cruceiros, mámoas, brasóns e muíños tecen calzadas de pedra e salitre desde o Neolítico ao Faiado, pasando polo porto da Covasa e o castro de Neixón.
Presidenta:
Mª Luisa López Otero
Vicepresidenta:
Paula Susana García Paz
Secretaria:
Carmen Mella Orois
Tesoureiro:
Marcos A. Gato Mosquera
Vogais:
Lina Mª González López
Victoria Santos Torrado
Mª del Carmen Pardeiro Toucedo
Carmen Rey Escariz
Manuel Cartea Gómez
Antonio Sabio Faraldo
Xosé Manuel Triñanes Núñez
Rodrigo Rey Lopez
Carmen Vázquez Dieste
Faustina Dieste Sánchez
María del Mar Torres Santamaría
Sofía Sanvicente García
16/08/2008 16:28
Xuntanza literaria
Documental sobre D. Ramón Fernández Mato
Exposición: "Martínez López na memoria"