Coral Baldomar
Telf.: (Otilia Ojea) 981 844 421
Somos a Coral Baldomar de Boiro e encantaríanos que todos aqueles con interese se fixeran membros da mesma. A Coral Baldomar de Boiro creouse en 1976 dentro da entidade Centro Cultural, grazas aos esforzos do que foi o seu primeiro director, Rvdo. D. Baldomar García Gesto, cura párroco de Abanqueiro, ata o seu pasamento en 1983.
De 1983 a 1989 dirixe a Coral D. Manuel Tubío Fachado. De 1989 a 1993 diríxea D. Xosé Carlos Seráns Olveira que volvería a facelo en 1997; do 1993 ao 1997 diríxea D. Xesús Antonio Gil Mosquera. Na asemblea xeral celebrada en febreiro de 1997 acordouse por unanimidade a integracion de novo no Centro Cultural e deportivo de Boiro para fomentar a colaboracion entre as dúas entidades e as actividades culturais. En 1998 asumiu a dirección D. Francisco Lorenzo Romero, o director actual.
Esta Coral tivo actuacións en moitos lugares de Galicia (Vigo, Vilagarcía de Arousa, etc.) sobre todo da provincia da Coruña (Santiago de Compostela, Corcubión, Cee, Arzúa, Betanzos,etc.) e especialmente nas comarcas do Barbanza e Muros e Noia.
Somos membros de FECOGA (Federacion Coral Galega) e na actualidade somos 25 voces.
Director:
Francisco Lorenzo
Presidenta:
Isabel Campos
Secretaria:
Otilia Ojea
Tesoureira:
Lourdes Lorenzo
30/04/2009 17:46 El próxímo domingo 3 de Mayo de 2009 Dia de la Madre, se celebrará una misa cantada en la Iglesia parroquial Santa Baia de Boiro.