Portada
O teu escritorio

Galiza

aqui descripción que se mete no perfil de usuarios

Vexetal

Unha folla de verdura con gotas de choiva, encantame esta imaxe, porque as veces as gotas son como as bágoas.
por sebas_galiza, 10/07/2008 13:21 Tags: 0 Comentarios

A mais especial, a mellor, a mais grande

O mellor que teño, a mais grande, a mais especial. Coas suas virtudes que son moitas, cos seus defectos pero sempre ela, sempre ela mesma. Ninguén mellor para decirlle ós demais o que e sentirse galego, o que e ser galego, ninguén mellor para defender unha lingua, un pais. Grazas por todo o que me das porque iso faiche ser grande como dixen e aqui teño a foto dunha rosa pegada a un naranxo e agora teño a outra ROSA, pero esta con letras grandes porque non ai ninguen mellor ca ti, non ai ninguén mellor para dedicarlle un anaco desta páxina porque es a mais grande e por iso che dou as grazas e todo o demais sempre o digo en persoa e agora mais ca nunca. Un bico.
por sebas_galiza, 07/07/2008 16:33 Tags: 0 Comentarios

Cascasa

Cascada nos cañóns do Sil, Rosa e mais eu fomos fai uns anos e foi unha das mellores viaxes, un bo lugar para saber o que temos na nosa terra e ver que en ningún sitio teñen o que nos temos
por sebas_galiza, 07/07/2008 16:30 Tags: 0 Comentarios

Bicho

Unha peaxe, un lugar de descanso para os viaxeiros.
por sebas_galiza, 07/07/2008 16:22 Tags: 0 Comentarios

Mirador

Calquer lugar e bo para ver todo o que ai ó noso redor, para un animal unha árbore pode der algo asi coma o mirador da curota porque todo vale si a paisaxe e boa.
por sebas_galiza, 07/07/2008 16:19 Tags: 0 Comentarios

Un día de traballo

Sen comentarios. Ai que traballar para poder vivir, quen pense o contrario está equivocado porque non e o mesmo vivir para traballar que traballar para vivir. Eu prefiro a segunda opción.
por sebas_galiza, 07/07/2008 16:15 Tags: 0 Comentarios

Rosa

Unha rosa dedicada a outra Rosa, as duas parecense ainda que unha e mais especial que outra, esta que poño e para alguén que sabe e da exemplo sobre o que e loitar e defender a nosa ligua, porque para ser galego non basta con selo, ai que sentilo. Para ela vai dedicada esta foto e mandolle dende aquí un bico. Todo o demaís que eu podo dicir xa o sabe ela.
por sebas_galiza, 07/07/2008 16:09 Tags: 0 Comentarios

Hixiene

Os animais ao igual que as persoas necesitan sentirse limpos para poder sentirse ben cun mesmo.
por sebas_galiza, 07/07/2008 16:07 Tags: 0 Comentarios

Pensando

Incluso os animais teñen o seu momento para pensar. En que pensan? non o sei, pero supoño que ao igual que as persoas, pensan no seu, na sua vida e ista imaxe supoño que reflexa iso, un intre de soedade onde cada un e libre de pensar no seu.
por sebas_galiza, 07/07/2008 16:04 Tags: 0 Comentarios

Monte

Unha foto que saquei un dia, creo que fermosa e na que se ve que nun pequeno anaco de terra, encontrase algo que che chama, por iso esta foto, porque me gustou a imaxe que vin naquel momento e reflexeina nunha imaxe nosa, algo que pertenece ó noso concello e que para min, foi unha boa fotografia.
por sebas_galiza, 07/07/2008 15:59 Tags: 0 Comentarios

Imaxe

Os cañóns do Sil, un lugar para deleitarse para disfrutar dunha variada paisaxe, un lugar para relaxarse.
por sebas_galiza, 07/07/2008 13:11 Tags: 0 Comentarios

Paisaxe

Galiza ten mar, ten rios, ten montes e iso faina especial, faina diferente ó resto porque as cores son mais vivas, porque a diferencia dos demais territorios, aquí si se distinguen as catro estación do ano, porque Galiza e choiva pero tamén e sol, tamén e frio, tamén e neve.
por sebas_galiza, 07/07/2008 13:05 Tags: 0 Comentarios

Galiza

Din que Galiza e terra de meigas, quizaís por iso moitas das suas noites están cheas de maxia e misterio. Din que o galego sinte o seu pais mais ca o resto do territorio por iso o emigranse sempre acaba volvendo. Din que cando alguen ven a Galiza sempre acaba volvendo polas suas praías, polos seus paixases, polas suas xentes. Din que cando alguen ven a Galiza síntese como na sua casa porque os galegos somos xente amabel, xente aberta. O galego e fermoso por iso temos a nosa lingua como símbolo do pais, porque quen defende unha lingua, defende un pais, fai un pais. Galiza e para os galegos o que a auga e para o mar e todos e cada un de nos temos e debemos sentirnos orgullosos do que somos, debemos de sentirnos orgullosos de ser iso, de ser galegos.

Continuar lendo

por sebas_galiza, 07/07/2008 12:44 Tags: 0 Comentarios