Consellos e trucos
Periféricos
Imprimir páxinas reducidas para aforrar tinta e papelSe queres imprimir un documento de varias páxinas podes modificar o seu tamaño para aforrar tinta e máis papel.
Traballando co Microsoft Word selecciona no menú
Archivo a opción
Imprimir. Preme no botón
Propiedades da nova fiestra e elixe en
Páginas por hoja a opción máis axeitada para o documento que vas imprimir. Cando remates, preme no botón
Aceptar. Grazas a este consello poderás ter as túas copias en formato libro.
Limpar un rato que funciona malO mal funcionamento do rato pode deberse a unha acumulación de sucidade no seu interior. Para limpalo hai que xirar a tapa que ten na súa parte inferior e extraer a bola, que pode limparse cun disolvente específico ou simplemente con auga e xabón. En calquera dos casos cómpre agardar a que esté completamente seca para introducila de novo no rato.
Ademais hai que limpar os pequenos rolos que están no interior do rato, que normalmente tenden a acumular po e graxa. Esta sinxela operación pode realizarse cunhas pinzas ou un bastón dos oídos. Cando estean limpos introduciremos de novo a bola e pecharemos o rato. Se o mal funcionamento se debía á sucidade quedará coma novo.
Internet
Localizar palabras concretas nunha páxina webEn ocasións, é preciso localizar unha palabra ou frase nunha web con demasiado texto. Para atopala rapidamente, sen necesidade de ler todo o seu contido, só hai que premer ao tempo as teclas Ctrl e F. Abrirase unha cela na que cómpre escribir o termo a localizar. Ao premer a tecla de Intro o navegador indicarache automaticamente o lugar ou lugares nos que se atopa a palabra que buscas.
Este truco é válido para os navegadores Internet Explorer, Mozilla Firefox, Netscape e Opera.
As webs favoritas, a manPodes gardar as webs que visitas con maior frecuencia para non esquecer as súas url's. Para iso, cando esteas visualizando a páxina, selecciona a opción
Favoritos (ou
Bookmarks) situado no menú do teu navegador.
Ao
Agregar a favoritos a web quedará arquivada nunha listaxe que poderás consultar nese mesmo computador sempre que queiras. Os enderezos gardados neste directorio poden eliminarse (premendo sobre eles co botón dereito do rato) ou organizarse en carpetas atendendo, por exemplo, a unha temática común.
Correo electrónico
Engadir contactos rapidamenteSe empregas o Microsoft Outlook podes gardar dun xeito moi doado novos contactos na túa listaxe de enderezos. Para iso, sitúa o rato sobre o correo electrónico do remitente que queres gardar e preme o botón dereito.
Elixe a opción
Añadir a contactos ou
Añadir a la libreta de direcciones. Ademais de gardar o email poderás editar outros campos como un nome, número de teléfono, etc., para telos sempre a man.
Enviar documentos de Word sen abrir o OutlookÉ posible enviar documentos de Word por correo sen necesidade de abrir o Outlook. Co documento aberto, só hai que seleccionar dentro do menú de
Archivo a opción
Enviar a, para elixir de seguido
Destinatario de correo.
O texto co que estamos traballando adoptará o formato dun correo electrónico, cos campos habituais de
De,
Para,
Asunto... Unha vez enviado, poderemos seguir traballando con normalidade no documento.
Crear unha sinatura personalizada para o correoO Microsoft Outlook permite crear unha sinatura personalizada que se engadirá automaticamente en todas as mensaxes de correo saínte. Para editar a túa propia sinatura selecciona, dentro de
Herramientas, a pestana
Opciones.
Neste novo cadro atoparás a opción
Firmas. Preme no botón
Nueva e redacta a sinatura que desexas incluír nas túas mensaxes de correo. Se queres podes facer que figure en todos os teus envíos clicando na opción correspondente. Cando remates preme o botón
Aplicar, e despois
Aceptar.
Se prefires incluír a sinatura só en determinadas mensaxes, selecciónaa cando remates de escribir un correo coas opcións do menú
Insertar e
Firma.
Modificar a frecuencia para buscar novos correos en OutlookO Microsoft Outlook permite modificar a frecuencia na que se comprobará se existen novas mensaxes de correo electrónico.
Selecciona no menú o bloque
Herramientas e, dentro del, clica en
Opciones.
Dentro da pestana
General inclúe os minutos que prefiras no apartado
Comprobar mensajes nuevos cada __ minutos. Cando remates preme o botón
Aceptar.
Insertar unha táboa nunha mensaxeSe desexas enviar un documento en formato de filas e columnas, podes insertar directamente unha táboa na túa mensaxe.
Para iso emprega o Microsoft Word como editor de correo electrónico. Dende a opción do menú
Tabla selecciona
Insertar. Cando remates, dende
Archivo, envíallo ao destinatario.
Tratamento de imaxes
Mellorar o brillo e o contraste dunha imaxeO Adobe Photoshop permite mellorar dun xeito moi sinxelo o brillo e contraste dunha fotografía. Isto permitiranos iluminar as súas áreas máis claras e ensombrecer as máis escuras.
Para iso accede á opción
Imagen, no menú superior, e selecciona
Ajustar,
Brillo/Contraste. Acadarás o teu obsectivo quitando un pouco de brillo e aumentando lixeiramente o contraste.