Boiro cidadán

FAQ

¿Que facer cando se bloquea un ordenador?

Cando un ordenador se bloquea, o que máis comunmente se denomina "colgar", é imposible traballar con el. Se esto ocurre, pódese pulsar a combinación de teclas Ctrl+Alt+Supr dúas veces seguidas para reiniciar o ordenador. Se esto non funcionase, deberíase pulsar o botón Reinicio.

¿Para que serve o botón dereito do rato?

Este botón ten unha función especial, que é a de mostrar un menú "contextual". É dicir un menú especial, que mostrará distintas opcións según onde fagamos clic co botón dereito.

¿Como se busca un arquivo ou unha carpeta no ordenador?

Para buscar un arquivo ou unha carpeta temos que ir á opción do menú Inicio / Buscar. Alí escribiremos o nome do arquivo ou carpeta e o lugar onde queremos buscalo.

¿Como se instala unha impresora?

Primeiramente temos que acceder á carpeta Impresoras, desde o Panel de Control, desde Mi Pc ou na opción Inicio-Configuración-Impresoras. Facemos doble clic no icono Agregar impresora, o que instalará unha nova impresora por medio dun asistente. Se o controlador da impresora non está instalado, o asistente pedirá o Cd onde esté ese controlador.

¿Que son os virus? ¿Son moi dañinos?

Son programas dañinos que se engaden a programas normales e se quedan no ordenador e que se activan nun momento determinado. Según o virus pode ser desde un molesto temblor de pantalla hasta o borrado total do disco duro.

¿Son eficaces os antivirus?

Son eficaces sempre que se actualicen con frecuencia para que podan detectar e contraatacar ós novos virus que se poñen en circulación cada día.

¿Que son as cookies?

Son un conxunto de datos que o servidor grava en forma de arquivo na caché do disco duro do usuario. Estos arquivos conteñen información sore a visita realizada polo usuario a unha ou varias páxinas web determinadas, permitindo ó autor saber que visitou na páxina.

¿Cal é a mellor forma de desinstalar un programa?

A forma correcta de desinstalar un programa é entrando no Panel de Control e seleccionando Agregar e quitar programas. Abrirase unha pantalla na que aparecerá unha lista con tódolos programas que temos instalados no ordenador. So teremos que selecciona-lo que queramos e pulsar Agregar o quitar.

¿Para que sirve o defragmentador de disco?

Os arquivos gárdanse en espacios valeiros que hai nas unidades de disco. A medida que se crean, modifican ou borran arquivos éstos vanse desagrupando. Esto ralentiza o traballo do ordenador polo que é necesario agrupalos de vez en cando. Desta tarea encárgase o defragmentador de disco.

¿Para que serve Internet?

Internet é un conxunto de ordenadores repartidos por todo o mundo e conectados entre si, o que permite a personas de puntos moi separados do globo comunicarse. Ademáis, en Internet tamén se pode encontrar todo tipo de información.

¿Como se busca información en Internet?

Para buscar información en Internet existen unhas ferramentas chamadas buscadores ou motores de búsqueda, que son o equivalente virtual ós bibliotecarios. Os buscadores obteñen, analizan, catalogan e presentan de forma lóxica e organizada a información requerida gracias ás palabras clave que o usuario lle proporcionará.