Na rede existen un feixe de programas informáticos moi útiles, fiables e que se poden instalar gratuitamente. Algúns deles teñen a vantaxe de que se poden utilizar en lingua galega, grazas a voluntarios que traducen as aplicacións de software libre.
Por outra parte, tamén están dispoñibles aplicacións que funcionan gratuitamente durante un tempo limitado. Unha vez expirado este, cómpre adquirir a correspondente licenza. Ademáis, hai aplicacións de pago dende o primeiro intre.
A continuación mostramos unha selección dalgúns dos programas máis populares, tanto de pago como gratuítos. Todos eles son usados por milleiros de persoas, polo que son unha opción a considerar á hora de equipar o noso computador.