Boiro Cidadán:Ayuda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
Que é un wiki?
É unha ferramenta de software colaborativo que permite a edición colectiva de documentos empregando un sistema sinxelo que non obriga a que o contido teña que ser revisado antes da súa publicación. O obxectivo é elaborar unha enciclopedia libre a través da democratizatización na creación e mantemento das páxinas. Calquera usuario da web pode participar da redacción de contidos dun wiki, é moi sinxelo, así como engadir imaxes e ligazóns ao contido elaborado, xa que non é preciso manexar etiquetas en html.
Como navegar?
Podes axudar a construír a memoria de Boiro e tamén podes navegar por ela de varios xeitos diferentes. Premendo as ligazóns sen máis, empregando o sistema de buscador ou explorando na sección de Cambios recentes, no que atoparás os últimos rexistros introducidos.
Antes de escribir
Este é un espazo colaborativo é a información recollida nel é de acceso libre. Todos os textos orixinais incorporados a este espazo están baixo licencia GNU para documentación libre, que autoriza a libre copia, distribución e/ou modificación dos textos aquí editados, sempre que continúen a ter liberdade de uso e os autores fagan referencia a que o texto procede de A Memoria de Boiro. Mais tamén debes ter en conta que o material que publiques neste espazo debe de ser orixinal, de dominio público ou no caso de ser tomado doutras fontes, débese contar coa autorización expresa do propietario do copyright dese material.
Como construír A Memoria de Boiro
Crear un artigo
O obxectivo fundamental é escribir artigos, mais tamén podes colaborar doutros xeitos: cargando imaxes, ampliando borradores que meteran outros usuarios, revisando e correxindo a gramática de artigos que xa están visíbeis ou engadindo ligazóns.
Antes de comezar a editar unha páxina debes comprobar que non exista no wiki, emprega para iso o buscador.
Podes introducir os contidos é a partir dunha páxina existente que conteña ligazóns que non apunten a ningures, xa que están pendentes de seren editadas, este tipo de ligazóns están sinaladas en vermello. Se cando edites un artigo pensas que unha palabra ou frase debería ter contidos propios debes pechar esa palabra nun corchete dobre([[ ]]); cando graves o teu rexistro se o termo sinalado ten contidos asociados verase en azul, se non os ten se verá en verde, e será entón susceptíbel de ser editada.
Espazo de probas
Comeza a editar sen medo. Tes un Espazo de probas no que poderás experimentar antes de publicar o teu primeiro artigo, e que non será visíbel para os visitantes da web. Podes facer o teu artigo nun editor de texto, e depois comrobar como queda neste espazo.
Consellos para a edición
Cando comeces a editar ten en conta os seguintes consellos: o título que escollas para o teu artigo debe ser claro e sinxelo e referirse dun xeito inequívoco ao contido. É preciso gardar as normas sobre maiúsculas e minúsculas, separacións entre palabras e prestar atención á ortografía e á gramática. Para comezar podes consultar esta guía básica de edición, e para afondar un pouco máis guíate con esta axuda.
Editar un texto
Os artigos contidos no wiki deben de ter unha estrutura, deseño e redacción normalizada que fagan máis doada a consulta para todos os usuarios: os títulos dos artigos deben ir indicados en singular (agás que sexan conceptos colectivos)e en minúsculas (agás os nomes propios de persoa, lugar, institución, obra concreta, etc); en canto á estrutura interna dos mesmos, estes deben comezan cunha explicación breve(entre tres e cinco liñas) que conteña os rasgos xerais do conceito, e ir desenvolvendo esas ideas xerais en diferentes parágrafos ao longo do artigo. Amplía os teus coñecementos sobre a edición no Libro de estilo.
