Boiro cidadán

Castro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Parroquia de Sta. María do Castro que pertence o Concello de Boiro, ten unha superficie de 392 Has. e alberga no seu conxunto unha poboación de perto de 3.000 habitantes (arredor dunhas 750 familias) das que a maioría conforman o núcleo de Cabo de Cruz. Das oito parroquias que conforman o término municipal, e a que acusa unha maior densidade poboacional, feito que se ve incrementado durante as épocas vacacionais, debido á grande afluencia de visitantes que se achegan a disfrutar das múltiples posibilidades que o entorno lles ofrece.

Goza dunha situación económica que poderíamos calificar de moderadamente boa, propiciada se cadra polo crecemento nos últimos anos do sector marítimo –pesca, marisqueo e acuicultura-: apróximadamente un 90% da poboación da parroquia vivie vinculada ó mar, ben directamente (sector extractivo) ou indirectamente (sector transformador).

A importancia do mar no progreso e avance económico do Cabo de Cruz vese reflectido nas diversas Asociacións Profesionais e Empresariais radicadas no Porto do Cabo da Cruz: Cofradía de Pescadores, Agrupación de Productores Mexiloeiros de Cabo de Cruz (AMC), Asociación de Productores Mexiloeiros Ría de Barraña (AMEBARRAÑA), Asociación de Mexilloeiros “A BOIRENSE”.

O nivel asociativo desta vila mariñeira é importante pois nela concentranse o maior número de asociacións socioculturais de todo o Concello de Boiro, cabe destacar as dúas asociacións de veciños (A UNIÓN, A MARXA), a asociación de tradicións mariñeiras A GAMELA, a asociación cultural OS BIOSVARDOS, a asociación de pais e nais do CEIP Sta. María do Castro ANPA LOUREDA, a asociación FESTAS DO CARME DE CABO DE CRUZ, e sen lugar a dúbida os clubes deportivos CLUBE DE REMO DE CABO DE CRUZ e o clube de fútbol SD VALIÑO - CABO DE CRUZ. Este movemento asociativo nesta pequena vila fai que sexa un lugar onde a cultura e as tradicións se manteñen vivas.

Ferramentas persoais