Concello de Boiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Situación xeográfica
O Concello de Boiro atópase na comarca do Barbanza, na provincia d'A Coruña, dentro da comunidade autónoma de Galicia e en España.
Sitúase no suroeste da provincia, na marxe Norte da Ría de Arousa. Os municipios que lindan con Boiro son: Rianxo ao Leste, Lousame ao Norte e ao Oeste con Porto do Son e Pobra do Caramiñal, coa Serra do Barbanza no medio. A súa situación xeográfica é, latitude 42º 38'7 Norte e a lonxitude 8º 52'7 Oeste.
Ocupa unha superficie de 86 Km2 aproximadamente. É en extensión o terceiro dos sete municipios que forman a comarca natural do Barbanza (Boiro, Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son, Riveira e Pobra do Caramiñal). A poboación agrúpase en 8 parroquias: Beluso, Cespón, Boiro (vila), Abanqueiro, Castro e Lampón como parroquias costeiras, sendo Cures e Macenda as do interior, que dependen da diócese de Santiago de Compostela. A capital municipal dálle o nome ao concello aínda que antigamente definíaselle como Boiro de Arriba, dista da capital de Galicia (Santiago de Compostela) en 50 Km aproximadamente e en 115 da capital da provincia, A Coruña.
Poboación
| Parroquia | Poboación total | Homes | Mulleres |
|---|---|---|---|
| Abanqueiro (San Cristovo) | 1755 | 852 | 903 |
| Bealo(San Pedro) | 813 | 376 | 437 |
| Boiro (Santa Eulalia) | 8425 | 4128 | 4297 |
| Castro (Santa María) | 2397 | 1146 | 1251 |
| Cespón (San Vicente) | 2020 | 958 | 1062 |
| Cures (San Andrés) | 586 | 297 | 289 |
| Lampón | 2277 | 1097 | 1180 |
| Macenda | 2124 | 157 | |
| Fonte: INE | |||
