Boiro cidadán

Exipto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Exipto,está situado na carretera de Boiro a Abanqueiro,conta cun parque moi bonito cunha piramide no centro,tamen está ubicado o campo da festa da parroquia de Abanqueiro, o colexio,o restaurante Chicolino,o bar Fornos,o taller de Daniel Rios(motos,bicis,forabordas etc),Etiel(ventanas de pvc) o taller de Luis Piñeiro (barcos)e como non a capela da Virxe de Exipto,patroa dos emigrantes, xa que representa a fuxida da Virxe Maria e San Xosé co neno Xesus a Exipto.

O primeiro domingo de agosto celebrase a romaria en honor a Virxe.Comezase o venres pola tarde coa tradicional procesión dende a Igrexa de San Cristovo ata a capela de Exipto portando os santos que logo o dia da festa saen todos en procesión no lugar da capela.

Pola noite verbena.

O sabado,ai misas pola mañá, e a noite e logo verbena.

O domingo dia grande,misas a todas horas pola mañá,e a 1 da tarde misa solemne,con procesión,ofrenda de baile a cargo do grupo "Airiños de Maños",que está formado por nenas da parroquia.O remate da mesma mais baile e cantigas populares,tamen ai gaiteiros,charangas,banda de música etc.

E para seguir ca festa ai pulperia,e outros productos tipicos das festas. E como xa é tradicional o xantar de campo nos alrededores da capela,a festa é continua ata ven entrada a noite,e da festa a verbena,este dia faise a tirada de fogos artificiais.

Non o duvides se queres pasalo ben, ven o dia da romaria a Exipto,non tes nada que perder

Ferramentas persoais