Festas da Virxe do Carme
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os festexos que se celebran en honor a Virxe do Carme dentro do Concello de Boiro (A Coruña) teñen nalgúns dos casos unha antiguedade que se remonta a máis de trinta anos.
Dentro do Concello de Boiro, celebránse Festas do Carme en varios núcleos,como pode ser Escarabote, Cespón e Cabo de Cruz, pero sen lugar a dúbida un dos máis relevantes é o que se celebra no pobo de Cabo de Cruz pois celebrase O Came na súa data o 16 de Xullo. Neste pobo levan a tradición de honrar a virxe dos mariñeiros dende tempos inmemoriables, dende a coñecida procesión marítima que recorre parte do litoral de Boiro e rematando coa ofrenda floral que se adica a tódolos mariñeiros falecidos, esta ofrenda ten o seu punto de encontro na Punta do Campo; ata as verbenas nocturnas que dende fai uns anos recuperaron sona. A procesión marítima na que a gran maioría das embarcacións se engalanan para sair o mar escoltando a súa patrona é un acto o que cada ano acoden centos de persoas, tanto da comarca do Barbanza como de fóra. Cada ano unha embarcación mexiloeira ten a honra de portar a Virxe do Carme e paseala polo mar.
No ano 2006 no Cabo da Cruz, comezaronse os trámites para a creación dunha asociación que se adicara a celebrar esta festa en honor a Virxe do Carme, esta asociación levará a cabo tódolos festexos do Carme do Cabo da Cruz para que esta fermosa tradición non se acabe perdendo.
