Boiro cidadán

Historia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

Prehistoria

Desde o Paleolítico inferior Boiro conta con ocupación humana, e a cultura megálitica ten unha representación moi salientable, pola presenza de trinta mámoas e antas de arredor de 5000 anos de antigüidade, como as da Casota do Páramo e a Arca do Barbanza; os petroglifos da Idade do Bronce de Agüeiros, Bealo e Laxe da Cabra son de gran interese. Os poboados castrexos de Coto da Moureira, Achadizo ou Neixón, ocupado desde o século VI a.C., son algúns dos máis representativos da zona.

Idade Antiga

A riqueza mineira do lugar foi aproveitada polos romanos e aínda hoxe consérvanse restos de calzadas da época.

Idade Media

As invasións normandas tamén deixaron a súa pegada en terras boeirenses de camiño a Compostela, e da época feudal consérvanse estruturas como a Torres de Goiáns – tirada no século XV polos Irmandiños -, a Torre dos Cóengos ou Fonteneixe.

Idade Moderna

Unha das industrias máis destacadas da comarca é a do peixe, da que hai noticias desde o século XVII, cando se instalou en Abanqueiro unha factoría de escabeche de ostras que provía aos Austrias. Un século máis tarde ós cataláns dominarían a industria do salgado da zona. No período do Antigo Réxime gran parte das parroquias do concello de Boiro pertencían á provincia de Santiago e estaban baixo a xurisdición do arcebispo compostelán, con excepción da parroquia de Lampón vinculada ao Couto Redondo de Goiáns.

Idade Contemporánea

A Constitución de Cádiz estableceu tres concellos que se corresponden coa demarcación actual de Boiro: Cespón, Cures e Boiro. Estes foron suprimidos entre 1814 e 1821, e restablecéronse no Trienio Liberal (1821-1823). No ano 1835 estes tres concellos unificáronse, mais non sería ata o 1929 que se determinaría o número actual de parroquias coas que conta o concello.

Ferramentas persoais