Boiro cidadán

Praia de Barraña

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

praia de Barraña
Agrandado
praia de Barraña

A praia de Barraña, distinguida cunha Bandeira Azul, sitúase moi preto do casco urbano de Boiro, na parroquia de Santa Baia. Este areal comeza na desembocadura do río Coroño e ten unha lonxitude duns 3 quilómetros.

Se cadra, o máis impresionante da paraxe é o paseo peonil. A zona está acondicionada e dispón de duchas, zonas arboradas e merendeiros nos que é posible realizar comidas campestres.

A praia de Barraña é ideal para a realización de deportes náuticos como o windsurf e a vela. Ademais, as súas augas tranquilas e escasa pendente fana ideal para os nenos e as persoas de idade avanzada.

Ferramentas persoais